A Xunta de Confrarías pon en marcha este venres, día 1 de xullo, o primeiro “paseo guiado” pola Ruta Confrade por Ferrol. O presidente da entidade, César Carreño, acompañará ás persoas que se inscriban na actividade –totalmente gratuíta- polos templos e rúas que son máis importantes no pasado e o presente da Semana Santa. O percorrido, que se expón como unha primeira experiencia piloto a repetir no futuro se ten unha boa acollida, comezará ás 11.30 horas na Praza Vella e irá polo barrio portuario e despois pola rúa San Francisco ata a praza de Amboage –no roteiro deseñado pola Xuntade Confrarías hai máis lugares, como o Santuario das Angustias, do que se falará pero sen chegar ata alí, para facer o percorrido máis doado a persoas maiores-.

As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse enviando unha mensaxe privada por calquera das redes sociais da Xunta de Confrarías –en Facebook, Twitter ou Instagram-, indicando nome e teléfono. Admitiranse por orde de inscrición ata 20 persoas.

A Xunta de Confrarías conta cun folleto sobre a Ruta Confrade que pode atoparse nas oficinas de Turismo da cidade, cun percorrido por 13 puntos e información sobre o pasado e o presente de cada un deles na Semana Santa de Ferrol.

CAS*

La Junta de Cofradías pone en marcha este viernes, día 1 de julio, un primer “paseo guiado” por la Ruta Cofrade por Ferrol. El presidente de la entidad, César Carreño, acompañará a las personas que se inscriban en la actividad –totalmente gratuita- por los templos y calles que son más importantes en el pasado y el presente de la Semana Santa. El recorrido, que se plantea como una primera experiencia piloto a repetir en el futuro si tiene una buena acogida, comenzará a las 11.30 horas en la Praza Vella y discurrirá por el barrio portuario y después por la calle San Francisco hasta la plaza de Amboage –en la ruta diseñada por la Junta hay más lugares, como el Santuario de las Angustias, del que se hablará pero sin llegar hasta allí, para hacer el recorrido asequible a personas mayores-.

Las personas interesadas en asistir deberán inscribirse enviando un mensaje privado por cualquiera de las redes sociales de la Junta de Cofradías –en Facebook, Twitter o Instagram-, indicando nombre y teléfono. Se admitirán por orden de inscripción hasta 20 personas.