Tras una ausencia de dos años por la pandemia, la Junta General de Cofradías y Hermandades de la Semana Santa de Ferrol regresó hoy a Fitur, la feria internacional de turismo que se celebra en Madrid (Ifema) y que representa un escaparate de trascendencia mundial para el sector. Con el apoyo de un vídeo, el secretario y el presidente de la Junta, Fernando Iguacel y César Carreño, hablaron en el acto “Love Ferrol” que organizó el Concello en el stand de Galicia y que contó, además de con la presencia del alcalde, Ángel Mato, con la del vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, y de la directora de Turismo, Nava Castro.

Fernando Iguacel destacó la tradición que aglutina la Semana Santa de Ferrol, con más de 400 años de historia. “La ciudad ha crecido, las ideas han cambiado, las gentes son otras –dijo-, pero han sabido conservar y transmitir de padres a hijos ese legado”.

Carreño recordó a continuación que cinco cofradías y más de 3.000 cofrades protagonizan las 25 procesiones que se suceden en Ferrol desde el Domingo de Ramos al de Resurrección, en este 2022 del 10 al 17 de abril. “Ferrol en esos días se transforma”, destacó el presidente de la Junta de Cofradías. “La Semana Santa toma las calles y ferrolanos y visitantes disfrutan de una Semana Santa que se caracteriza por su diversidad de estilos y colorido”, señaló César Carreño, que enumeró las vertientes religiosa, cultural, artística y musical desde las que se puede contemplar el evento, declarado desde 2014 como de Interés Turístico Internacional. “Os invitamos a disfrutar de Ferrol: de sus paisajes, su historia, su gastronomía, sus tradiciones y por supuesto, de su Semana Santa” terminó César Carreño.

El cartel de la Semana Santa de Ferrol 2022, presentado en la ciudad el pasado día 15 y protagonizado este año por la Cofradía de Dolores, abrió el vídeo que sirvió de apoyo a la presentación. En él se reproduce un óleo del artista Antonio Medina Vallecillo en el que se representa el Cristo de la Misericordia, la Virgen de Dolores y otros elementos propios de la hermandad servita y del patrimonio natural y arquitectónico de la ciudad, como son la ría y el teatro Jofre.

 

*GAL

Tras unha ausencia de dous anos pola pandemia, a Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol regresou hoxe a Fitur, a feira internacional de turismo que se celebra en Madrid (Ifema) e que representa un escaparate de transcendencia mundial para o sector. Co apoio dun vídeo, o secretario e o presidente da Xunta, Fernando Iguacel e César Carreño, falaron no acto “Love Ferrol” que organizou o Concello no stand de Galicia e que contou, ademais de coa presenza do alcalde, Ángel Mato, coa do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e da directora de Turismo, Nava Castro.

Fernando Iguacel destacou a tradición que aglutina a Semana Santa de Ferrol, con máis de 400 anos de historia. “A cidade creceu, as ideas cambiaron, as xentes son outras –dixo-, pero souberon conservar e transmitir de pais a fillos ese legado”.

Carreño lembrou a continuación que cinco confrarías e máis de 3.000 confrades protagonizan as 25 procesións que se suceden en Ferrol desde o Domingo de Ramos ao de Resurrección, neste 2022 do 10 ao 17 de abril. “Ferrol neses días transfórmase”, destacou o presidente da Xunta de Confrarías. “A Semana Santa toma as rúas e ferroláns e visitantes gozan dunha Semana Santa que se caracteriza pola súa diversidade de estilos e colorido”, sinalou César Carreño, que enumerou as vertentes relixiosa, cultural, artística e musical desde as que se pode contemplar o evento, declarado desde 2014 como de Interese Turístico Internacional. “Convidámosvos a gozar de Ferrol: das súas paisaxes, a súa historia, a súa gastronomía, as súas tradicións e por suposto, da súa Semana Santa” terminou César Carreño.

O cartel da Semana Santa de Ferrol 2022, presentado na cidade o pasado día 15 e protagonizado este ano pola Confraría de Dores, abriu o vídeo que serviu de apoio á presentación. Nel reprodúcese un óleo do artista Antonio Medina Vallecillo no que se representa o Cristo da  Misericordia, a Virxe de Dores e outros elementos propios da irmandade  servita e do patrimonio natural e arquitectónico da cidade, como son a ría e o teatro Jofre.