El presidente de la Junta General de Cofradías y Hermandades, César Carreño, inauguró hoy un nuevo “año cofrade” con la presentación del cartel de la Semana Santa de Ferrol 2022 en un acto que contó con una afluencia presencial muy limitada y que se siguió sobre todo por streaming. Carreño subrayó que “recuperamos la normalidad desde la responsabilidad” y destacó los más de 400 años de historia de un evento que tiene desde 2014 la consideración de Interés Turístico Internacional. “Vivamos la Semana Santa de Ferrol orgullosos de su pasado, comprometidos con su presente y esperanzados con su futuro”, señaló.

El cartel de la Semana Santa de Ferrol 2022, diseño de la empresa Empatía Comunicación, reproduce una obra del artista sevillano Antonio Medina, elegido por la Cofradía de Dolores a través de un concurso convocado a nivel nacional para ilustrar el cartel. Tal como explicó Fernando Leira, responsable de Relaciones Institucionales de la hermandad, el Cristo de la Misericordia y la Virgen de Dolores son los protagonistas del cartel, en recuerdo del 75 aniversario de la creación de la Cofradía del Cristo de la Misericordia, que se celebró en 2020, y del centenario de la primera salida procesional de la Dolorosa en Ferrol, que se cumplió en 2021. Junto a estas dos imágenes, en la obra hay referencias al patrimonio cultural y natural de Ferrol -con dibujos del teatro Jofre y la entrada de la ría-, así como de la propia cofradía -aparece su sede canónica y un nazareno del Tercio de Dolores portando un Libro de Reglas-. Según explicó Leira, en la luna llena de Pascua se ve un martillo empuñado, en recuerdo de los mayordomos de la cofradía, y las estrellas del cielo son el símbolo de las personas fallecidas por la pandemia.

El hermano mayor de la Cofradía de Dolores, Francisco Balseiro, valoró en su intervención la originalidad de la obra de Antonio Medina, “un sevillano que conoce muy bien Ferrol” y subrayó que con su cartel la hermandad rinde homenaje a la ciudad de Ferrol.

En el acto participó el concejal de Cultura del Concello de Ferrol, Antonio Golpe, que expresó la voluntad del gobierno local de seguir colaborando con la Junta de Cofradías en la celebración de la Semana Santa, “un evento de primer orden que tiene muchas vertientes, junto a la religiosa la turística, lúdica y la económica, importantísima para la ciudad”, apuntó. “Ferrol está orgulloso de su Semana Santa”, enfatizó el concejal, que recordó que el próximo día 19 el alcalde, Ángel Mato, estará también en Fitur con la Junta de Cofradías participando en su presentación.

 

*GAL

O presidente da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades, César Carreño, inaugurou hoxe un novo “ano confrade” coa presentación do cartel da Semana Santa de Ferrol 2022 nun acto que contou cunha afluencia presencial moi limitada e que se seguiu sobre todo por streaming. Carreño subliñou que “recuperamos a normalidade desde a responsabilidade” e destacou os máis de 400 anos de historia dun evento que ten desde 2014 a consideración de Interese Turístico Internacional. “Vivamos a Semana Santa de Ferrol
orgullosos do seu pasado, comprometidos co seu presente e esperanzados co seu futuro”, sinalou.

O cartel da Semana Santa de Ferrol 2022, deseño da empresa Empatía Comunicación,reproduce unha obra do artista sevillano Antonio Medina, elixido pola Confraría de Dolores a través dun concurso convocado a nivel nacional para ilustrar o cartel. Tal como explicou
Fernando Leira, responsable de Relacións Institucionais da irmandade, o Cristo da Misericordia e a Virxe de Dolores son os protagonistas do cartel, en recordo do 75 aniversario da creación da Confraría do Cristo da Misericordia, que se celebrou en 2020, e do centenario da primeira saída procesional da Dolorosa en Ferrol, que se cumpriu en 2021. Xunto a estas dúas imaxes, na obra hai referencias ao patrimonio cultural e natural de Ferrol -con debuxos do teatro Jofre e a entrada da ría-, así como da propia confraría -aparece a súa sede canónica e un nazareno do Terzo de Dolores portando un Libro de Regras-. Segundo explicou Leira, na lúa chea de Pascua vese un martelo empuñado, en recordo dos mordomos da confraría, e as estrelas do ceo son o símbolo das persoas falecidas pola pandemia.

O irmán maior da Confraría de Dolores, Francisco Balseiro, valorou na súa intervención a orixinalidade da obra de Antonio Medina, “un sevillano que coñece moi ben Ferrol” e subliñou que co seu cartel a irmandade rende homenaxe á cidade de Ferrol.

No acto participou o concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Antonio Golpe, que expresou a vontade do goberno local de seguir colaborando coa Xunta de Confrarías na celebración da Semana Santa, “un evento de primeira orde que ten moitas vertentes, xunto á relixiosa, a turística, a lúdica e a económica, importantísima para a cidade”, apuntou. “Ferrol está orgulloso da súa Semana Santa”, salientou o concelleiro, que lembrou que o vindeiro día 19 o alcalde, Ángel Mato, estará tamén en Fitur coa Xunta de Confrarías participando na súa
presentación.