La credencial del peregrino data de la Edad Media. Entonces funcionaba como un salvoconducto y actualmente actúa como un pasaporte que marca la ruta del Camino, además de permitir el acceso a los albergues. La única credencial válida es la expedida por la Oficina del Peregrino, pudiendo obtenerse en parroquias, albergues o asociaciones de Amigos del Camino de Santiago. En Ferrol, punto de inicio del Camino Inglés, la credencial se puede adquirir en la concatedral de San Julián en horario de 10.30 a 13.00h y de 18.00 a 20.00h, en la Oficina de Turismo del puerto, de 8.00 a 14.00h y de 17.00 a 20.00h, o también en la Domus, sede del Obispado, situada en la calle Miramar, en horario de mañana.

En el muelle de Curuxeiras de Ferrol se encuentra punto de partida del Camino Inglés, que tiene algo menos de 120 kilómetros de recorrido. Este itinerario fue usado desde el siglo XII por los peregrinos de los países escandinavos, centroeuropeos o de las propias islas británicas, que viajaban por mar hasta el puerto de Ferrol o el de A Coruña, y desde aquí iniciaban su peregrinaje.

Para llevar a cabo este trayecto con éxito es necesario cubrir un mínimo de 100 km a pie o a caballo -si se quiere cubrir estrictamente esa distancia, habría que comenzar en el paseo de Xuvia, en Narón-, o 200 en bicicleta, para llegar hasta Santiago. La credencial debe sellarse en cada etapa para dar fe del itinerario realizado y conseguir la Compostela, un diploma que acredita el fin de la peregrinación. Para recibir este documento no es necesario haber realizado el Camino de forma continuada en el tiempo, por lo que es posible planificar el trayecto para hacerlo en diferentes periodos. Pero sí debe completarse geográficamente, ya que saltarse algún tramo invalidaría la obtención de la Compostela.

Además, desde 2014 es posible solicitar un Certificado de Distancia en la Oficina del Peregrino de Santiago, donde aparecerán detalladamente los días y kilómetros de peregrinación, la ruta elegida y la fecha y lugar de inicio.

Y como novedad más reciente, hay una app para el teléfono móvil en la que también es posible sellar la credencial de forma digital. Más información en este link: http://catedraldesantiago.es/15907/

 

Galego:

Onde conseguir a credencial do peregrino no quilómetro 0 do Camiño Inglés

A credencial do peregrino data da Idade Media. Entón funcionaba como un salvoconducto e actualmente actúa como un pasaporte que marca o roteiro do Camiño, ademais de permitir o acceso aos albergues. A única credencial válida é a expedida pola Oficina do Peregrino, podendo obterse en parroquias, albergues ou asociacións de Amigos do Camiño de Santiago. En Ferrol, punto de inicio do Camiño Inglés, a credencial pódese adquirir na concatedral de San Julián en horario de 10.30 a 13.00 h e de 18.00 a 20.00 h, na Oficina de Turismo do porto, de 8.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h, ou tamén na Domus, sede do Bispado, situada na rúa Miramar, en horario de mañá.

No peirao de Curuxeiras de Ferrol atópase o punto de partida do Camiño Inglés, que ten algo menos de 120 quilómetros de percorrido. Este itinerario foi usado desde o século XII polos peregrinos dos países escandinavos, centroeuropeos ou das propias illas británicas, que viaxaban por mar ata o porto de Ferrol ou o da Coruña, e desde aquí iniciaban a súa peregrinaxe.

Para levar a cabo este traxecto con éxito é necesario cubrir un mínimo de 100 km a pé ou a cabalo -se se quere cubrir estritamente esa distancia, habería que comezar no paseo de Xuvia, en Narón-, ou 200 en bicicleta, para chegar ata Santiago. A credencial debe selarse en cada etapa para dar fe do itinerario realizado e conseguir a Compostela, un diploma que acredita o fin da peregrinación. Para recibir este documento non é necesario realizar o Camiño de forma continuada no tempo, polo que é posible planificar o traxecto para facelo en diferentes períodos. Pero si debe completarse xeograficamente, xa que saltarse algún tramo invalidaría a obtención da Compostela.

Ademais, desde 2014 é posible solicitar un Certificado de Distancia na Oficina do Peregrino de Santiago, onde aparecerán detalladamente os días e quilómetros de peregrinación, o roteiro elixido e a data e lugar de inicio.

E como novidade máis recente, hai unha app para o teléfono móbil na que tamén é posible selar a credencial de forma dixital. Máis información neste link: http://catedraldesantiago.es/15907/