Sabendo que a celebración do misterio da Morte e Resurrección de Cristo é o centro de todo o ano cristián e que as confrarías penitenciais e irmandades de Semana Santa coidan con esmero as manifestacións públicas da nosa fe neses días, dada a situación sanitaria actual, é conveniente facer as seguintes recomendacións para a nosa diocese:

  • Suspender as procesións que leven consigo o uso da vía pública, en orde a evitar a concentración de persoas e garantir a saúde pública.
  • Coidar estreitamente as normas e recomendacións das autoridades sanitarias en calquera actividade alternativa que se puidese organizar durante eses días, contando cos preceptivos permisos administrativos.
  • Animar a todos os membros das confrarías de Semana Santa a coidar a participación nas celebracións litúrxicas e nos exercicios de piedade durante a Coresma e a Semana Santa.
  • Potenciar a dimensión sociocaritativa das confrarías, axudando aos máis vulnerables a través das entidades da diocese, recoñecendo neles o rostro de Cristo que sofre e que se achega a cada un.
  • Participar nas celebracións litúrxicas da Semana Santa, tendo en conta en todo momento as disposicións das autoridades sanitarias, exhortando a todos os diocesáns a participar no Triduo Pascual nas respectivas parroquias, UPA e comunidades.

En Mondoñedo-Ferrol, 16 de febreiro de 2021