El presidente de la Junta General de Cofradías y Hermandades de la Semana Santa de Ferrol, César Carreño, presentó esta mañana en el stand de la Xunta de Galicia en FITUR el nuevo vídeo promociona del evento, que cuenta desde el año 2014 con la consideración de Interés Turístico Internacional. Carreño, que estuvo acompañado por el secretario de la Junta, Fernando Iguacel, destacó los 400 años de tradición de las procesiones de la ciudad y la participación de la juventud, prueba de su vitalidad y garantía de su futuro.

La presentación de la Semana Santa de Ferrol quedó condensada en las imágenes y el sonido del nuevo vídeo promocional. En poco más de tres minutos se muestran momentos impactantes de las procesiones y detalles del ambiente, de los cofrades, de las imágenes, etc. acompañados de las voces de cinco personas, pertenecientes a las diferentes hermandades, que expresan lo que significa para ellas la Semana Santa Ferrolana , en cuanto a sentimientos, recuerdos, emociones… A la misma hora el vídeo fue compartido a través de la página de Facebook de la Junta de Cofradías.

Hasta Madrid viajó también con los represenatantes de la Junta General de Cofradías el cartel de la Semana Santa de Ferrol 2020, que se presentó con anterioridad en la ciudad y que está ilustrado con una fotografía de la Virgen de la Solidad en el momento en el que es alzada por sus portadores.

La presentación de las Semanas Santas de Ferrol y de Viveiro, las dos declaradas de Interés Turístico Internacional, abrió hoy la agenda del stand de la Xunta en la feria FITUR, el evento más relevante del sector turístico, y que contó con la presencia de un nutrido público. La Semana Santa, que este año se celebrará del 5 al 12 de abril, es sin duda el acontecimiento que más visitantes atrae a la ciudad de Ferrol.

 

*GAL

O presidente da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol, César Carreño, presentou esta mañá no stand da Xunta de Galicia en FITUR o novo vídeo promocional deste evento, que conta desde o ano 2014 coa consideración de Interese Turístico Internacional. Carreño, que estivo acompañado polo secretario da Xunta, Fernando Iguacel, destacou os 400 anos de tradición das procesións de Ferrol e a participación da xuventude, proba da súa vitalidade e garante do seu futuro.

A presentación da Semana Santa de Ferrol quedou condensada nas imaxes e o son do novo vídeo promocional. En pouco máis de tres minutos, amósanse momentos impactantes das procesións e detalles do ambiente, dos confrades, das imaxes, etc, acompañados das voces de cinco persoas, pertencentes ás diferentes irmandades, que expresan o que significa para elas, en canto a sentimentos, recordos, emocións…, a Semana Santa Ferrolá. Á mesma hora, o vídeo foi compartido a través da páxina de Facebook da Xunta de Confrarías.

Ata Madrid viaxou tamén cos representantes da Xunta Xeral de Confrarías o cartel da Semana Santa de Ferrol 2020, que se presentou con anterioridade na cidade e que está ilustrado cunha fotografía da Virxe da Soidade no momento en que é alzada polos seus portadores.

A presentación das Semanas Santas de Ferrol e de Viveiro, as dúas declaradas de Interese Turístico Internacional, abriu hoxe a axenda do stand da Xunta de Galicia na feira FITUR, o evento máis relevante do sector turístico, e contou coa presencia de un nutrido público. A Semana Santa, que este ano se celebrará do 5 ao 12 de abril é sen dúbida o acontecemento que máis visitantes atrae á cidade de Ferrol.