El Museo de la Semana Santa de Ferrol, inaugurado por la Junta General de Cofradías y Hermandades el pasado 1 de diciembre, cumple mañana, 1 de junio, seis meses de vida. En este tiempo, la exposición abierta en los bajos de la Costa de Mella, en un espacio cedido por el Concello de Ferrol, fue visitada por 4.143 personas. Casi la mitad del público acudió durante la Semana Santa -1.721 personas-. aunque también fue importante la afluencia durante las fiestas navideñas y quienes acudieron en grupo, tanto procedentes de Ferrol como de otros puntos de la geografía gallega y española.

Desde la Semana Santa, los fondos de la exposición se renovaron con varias aportaciones de las diferentes cofradías. Así, están ahora en el museo algunas imágenes que antes no formaban parte del mismo, como el Cristo de la Buena Muerte de la Orden Tercera, o piezas como los nuevos faroles de la Cofradía de la Merced. Hay que recordar que también forma parte de la muestra permanente el Cristo de la Tahona, una pieza emblemática para los ferrolanos y especialmente para el barrio de Canido, que ocupa un lugar privilegiado al fondo del espacio expositivo, junto a los restos de la muralla del antiguo convento de San Francisco.

Desde el 1 de junio hasta el próximo día 30 de septiembre, el Museo de la Semana Santa de Ferrol modifica su horario. Así, la exposición podrá visitarse por las mañanas, de 11.00 a 14.00 horas, de martes a domingo. Los grupos interesados en concertar una visita pueden escribir un mail a la dirección exposicion.semanasanta@gmail.com

 

 

—————- *GAL

 

O Museo da Semana Santa de Ferrol, inaugurado pola Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades o pasado 1 de decembro, cumpre mañá seis meses de vida. Neste tempo, a exposición aberta nos baixos da Costa de Mella cedidos polo Concello de Ferrol foi visitada por 4.143 persoas. Case a metade do público acudiu ao museo nas datas de Semana Santa -1.721 persoas-, aínda que tamén foi importante a afluencia nas festas de Nadal e os grupos que concertaron unha visita guiada, procedentes de Ferrol ou doutros puntos da xeografía galega e española.

Desde a Semana Santa os fondos da exposición anováronse con varias aportacións das diferentes confrarías. Así, están agora no museo algunhas imaxes que ata o de agora non formaban parte do mesmo, como o Cristo da Boa Morte da Orde da Orde Terceira, ou pezas como os novos farois da Confraría da Mercé. Cómpre recordar que tamén forma parte da mostra permanente o Cristo da Tafona, unha peza emblemática para os ferroláns e especialmente para o barrio de Canido, que ocupa un lugar privilexiado ao fondo do espazo expositivo, xunto aos restos da muralla do antigo convento de San Francisco.

Desde mañá, 1 de xuño, ata o vindeiro día 30 de setembro, o Museo da Semana Santa de Ferrol modifica o seu horario. Así, a exposición poderá visitarse polas mañás, de 11.00 a 14.00 horas de martes a domingo. Os grupos interesados en concertar unha visita poden escribir un mail á dirección exposicion.semanasanta@gmail.com.